En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal (Regulamento Xeral de Protección de Datos - RXPD - e a Lei Orgánica 3/2018, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais - LOPDGDD), a Asociación Cultural Liradavia informa aos usuarios da súa política de privacidade e sobre o tratamento dos datos persoais:
1. Responsable do Tratamento
Asociación Cultural Liradavia
NIF: G32408353
Enderezo: Rúa Redondela, s/n — 32400 Ribadavia, Ourense
Correo electrónico: banda@lira.gal
2. Finalidade e Lexitimación do tratamento
A través deste sitio web a Asociación non recolle directamente datos persoais mediante formularios propios aloxados no noso servidor. As finalidades para as que podemos tratar datos son as seguintes:
- Formulario de asociación: Ao premer no formulario de asociados, o usuario interactúa cun formulario de Google Forms. Os datos alí recollidos destínanse exclusivamente á xestión da relación como socio/a da banda e a facturación das cotas correspondentes (lexitimación: execución da relación asociativa - Art. 6.1.b RXPD).
- Contacto: En caso de que o usuario contacte a través dos nosos correos, WhatsApp ou redes sociais, os seus datos trataranse coa única finalidade de atender a súa consulta e dar resposta ás súas peticións (lexitimación: consentimento do interesado e interese lexítimo).
- Análise web: Usamos Google Analytics (con consentimento previo explícito) para obter datos estatísticos anónimos sobre as visitas (lexitimación: consentimento do usuario - Art. 6.1.a RXPD).
3. Conservación dos Datos
Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación da persoa interesada coa Asociación e, de ser o caso, durante os prazos exixidos polas obrigas legais pertinentes.
4. Cesión de datos e Transferencias Internacionais
Os datos non se cederán a terceiros agás obriga legal. Ao utilizar ferramentas como Google Forms ou Google Analytics, a información é procesada polos servidores de Google, o que comporta unha transferencia internacional de datos cara os Estados Unidos, amparada no acordo de privacidade Data Privacy Framework.
5. Dereitos do usuario
Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se a Asociación Cultural Liradavia está a tratar os seus datos persoais. Pode exercer en calquera momento os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade, enviando un correo electrónico a banda@lira.gal, debidamente identificado mediante unha copia de documento de identidade.