A Lira con Roberto Baltar como director

Roberto Baltar Gardón

Nace en Vigo en 1983, comezando os estudios musicais de óboe a idade de 8 anos no conservatorio da súa cidade natal. Pouco despois pasa a formar parte da banda de música "Lira" de San Miguel de Oia, e colabora coa Unión Musical de Coruxo, Banda Escola de Música de Beade, Agrupación musical do Rosal..., obtendo diversos premios en certames a nivel nacional. Amplía a sua formación na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia (EAEM), Escola Superior de Música de Catalunya (ESMUC) e posteriormente trasládase a Alemaña, onde cursa estudos na Hochschule für Musik und Theater Hannover baixo a tutela de Klaus Becker, obtendo as máximas cualifiacións. Recibiu consellos de oboístas como Jonathan Kelly, Maurice Bourgue, Françoix Leleux, Emmanuel Abbhül, Ingo Gorizky... Pertenceu a Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia, Joven Orquesta Nacional de España (JONDE), European Union Youth Orchestra (EUYO) e a Schleswig Holstein Festival Orchestra (SHMF).

Colabora habitualmente con orquestras nacionais e internacionais, entre as que destacan a Deutsches Symphonie-Orchester Berlin (DSO), City of Birmingham Symphony Orchestra, West Australian Symphony Orchestra, Die Deutsche Kammerphilharmonie Bremen, Orquesta e Ensemble de Cadaqués, Spira Mirabilis (Italia), Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquesta del Teatre Lliure (Barcelona), Orquesta Sinfónica de Castilla y León, etc, traballando con directores da talla de Bernard Haitink, V. Ashkenazy, Andris Nelsons, Sir Neville Marriner, Trevor Pinock eGunter Schuller.

Como solista cabe destacar os concertos de B. Martinu e de W. A. Mozart coa Real Filharmonía de Galicia, este último no festival Musika-Música de Bilbao baixo a dirección do seu director titular Antoni Ros Marbá. Recentemente debutou como solista na NDR Radiophilharmonie Hannover (Alemaña) coa Sinfonía Concertante para ventos de W. A. Mozart baixo a dirección de Andew Manze. Participou no último ciclo do Festival de Música de Cámara "Sen Batuta" (Ourense) acompañado polo prestixioso cuarteto de corda “Danish String Quartet”.

Impartiu cursos en diversos conservatorios (Ferrol, Vigo, Pontevedra, Valladolid...), orquestras novas (Joven Orquesta Sinfónica de Soria, Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia...), na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia, no II congreso de Oboístas e Fagotistas de España (Madrid 2012) e no pasado curso da Federación Galega de Bandas de Música Populares 2015.

Na actualidade compaxina o seu labor como membro do "Airas Ensemble" cos seus estudos de dirección na "Katarina Gurska" en Madrid co prestixioso músico e director Vicente Alberola.

Como director, colabora en varios proxectos coa Orquestra Sinfónica Vigo 430 e coa Orquestra Xove da mesma dende 2014.

Actualizado o 12 de agosto de 2016