A Lira con Franciso Pérez como director

Francisco Pérez Rodríguez

Natural de Orihuela, realizou os seus estudos no Real Conservatorio de Artes e Declamación de Murcia e no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, onde obtén o Título Superior de Clarinete. Foi membro da Xove Orquestra de Galicia, da Orquesta Internacional de Jóvenes de Murcia, da orquestra Ciudad de Málaga, da orquestra Ciudad de Barcelona, da Orquestra Sinfónica de Galicia e da Orquestra de Cámara de Pontevedra.

Na súa faceta de director, realizou estudos cos mestres Miguel del Castillo Clavel, Miguel Ángel Gómez Martínez, Omri Hadari, Tad Suzuki, Bruno Aprea e James Ross. Na súa traxectoria podemos destacar a dirección da Banda de música Municipal de Salceda de Caselas, Filharmónica do CMUS de Vigo, Orquestra de Sopros, Orquestra Clásica de Vigo, Orquestra Sinfónica de Estremadura, Banda de música Municipal de Santiago de Compostela, Orquestra sinfónica de Vitoria (Canadá) e a Orquestra sinfónica de Viana do Castelo

Formou parte dos tribunais do Concurso de Novos Intérpretes de Vigo, do VI Certame Provincial de Bandas de Música da Deputación de Pontevedra, do IV Certame Nacional de Bandas de Música d’Almassera, das edicións I, II e III do Concurso Zonal de Bandas de Música da Deputación de Pontevedra e no VIII, IX e X Certame de Novos Intérpretes Solistas José Valcárcel.

Actualmente é profesor no CMUS de Vigo nas especialidades de clarinete, música de cámara e repertorio orquestral, dirixe a orquestra sinfónica do CMUS de Vigo e é director titular da Banda de música Municipal de Ourense.

Actualizado en febreiro de 2015