Escola de música Mestre Veneroni

Mestre Veneroni

Logo escola

Nos primeiros compases do século XIX chega á vila de Ribadavia o mestre de música Luís Veneroni, quen abriu unha academia que acadou tanta repercusión que provocou que alumnos e pais pediran o Concello que a oficializase, cousa que se materializou nun pleno de 1850, concedéndolle ademais 2200 reais o mestre Luís de Nesone para que se encargase da agrupación e da súa ensinanza.

No ano 2013, e como homenaxe a ese primeiro mestre do que se ten referencias, faise oficial a escola de música Mestre Veneroni, despois de varios anos existindo en forma de cursos e pequenas clases musicais. O obxectivo da escola é fomentar nos alumnos a paixón musical e os valores artísticos predominantes na cultura das bandas de música populares, así como noutros colectivos musicais. Procuramos:

  • Fomentar o coñecemento e apreciación da música dende moi curta idade.
  • Desenvolver unha ampla e diversificada oferta de educación musical sen límite de idade.
  • Orientar ó alumno cara unha ensinanza de carácter profesional.
  • Ofrecer unha ensinanza instrumental orientada tanto á práctica individual como á de conxunto.
  • Fomentar nos alumnos o interés pola participación en agrupación instrumentais.