Landscape, wind turbines

Juan Carlos López Vázquez

Ourensán de nacemento (Piñor de Cea) e lucense de adopción (A Barrela - Carballedo), inicia os seus estudos musicais aos dez anos na Banda de Música de Chantada, da man de D. Jesús Vázquez Lorenzo, onde comeza a súa carreira na especialidade de trompeta, continuando con Cándido Alvarado os estudos de linguaxe musical e harmonía para acceder aos estudos de carácter profesional acadando o Título Profesional na especialidade de trompeta e o título de Mestre da Escola de Gaitas da Excma. Deputación de Ourense.

É xuíz da Federación Galega de Bandas de Gaitas na modalidade de interpretación e a Real Banda de Gaitas da Excma. Deputación de Ourense outórgalle o maior galardón: a súa medalla de ouro.

Asistiu a cursos de interpretación de José Vicente Simeó e Benjamín Moreno, e recibiu clases de dirección de banda e orquestra de prestixiosos mestres como José María Mogino Martínez, Jan Cober, Jan Van Der Rosst ou Hardy Mertens.

Facendo un resumo, a súa experiencia profesional está orientada a súa gran paixón: a música. Fundou e dirixiu a Banda de Música de Carballedo (1998-2004), foi director titular da Banda de Música de Vilanova dos Infantes nos anos 2008 e 2009. No ano 2004 coordina e dirixe a Banda Sinfónica da Ribeira Sacra. Colaborou como director invitado nas Bandas de Sarria, Sober, Vilanova dos Infantes e Vilatuxe, así como na Banda dos Fulsileiros Navais de Brasil, enviado pola Consellería de Emigración da Xunta de Galicia.

Con respecto á música tradicional, fundou e dirixiu diversas bandas de gaitas: O Barco de Valdeorras, Monterroso, Val do Asma, Chantada e á Lira de Ribadavia. Impartiu cursos de música tradicional en Hannover e Cuxhaven (Alemaña) e en Salvador (Bahia, Brasil).

Actualizado en novembro de 2012