Ribadavia

Asóciate

No seu tempo a Lira foi considerada a mellor banda de música de Galicia, triunfando nos certames ós que asistía e gañando o título de Laureada. Directores, músicos e veciños levan dende 1840 aportando o seu tempo, a súa experiencia e o seu apoio a unha sociedade que leva o nome da vila polas festas da rexión. Queremos fomentar a actividade musical en toda a comarca do Ribeiro, poñer á banda de novo no máis alto e para iso necesitamos a súa axuda. Como? Facéndose socio.

A nosa banda é unha organización sen ánimo de lucro, o que quere dicir que non pretendemos gañar cartos cos socios, senón procurar un apoio social que nos permita desenvolver a nosa actividade musical e irnos poñendo metas máis amplas.

Ser socio custa 15€ ó ano e dalle dereito a actividades pensadas para os socios como concertos exclusivos, cursos formativos e descontos na escola de música; tamén tería dereito a tomar a palabra nas Xuntas de Socios para aportar ideas, solucións e involucrarse máis activamente. De ter un negocio, ten a posibilidade de ser un establecemento colaborador con 50€ por ano.

Pode descargar o impreso aquí: arquivo en pdf